O Camiño Inglés

Historia | Etapas | Concellos | Consellos e recomendacións

España é un referente en turismo. Pero a nosa segunda posición no ranking mundial mantén unha imaxe de sol, praia, flamenco e touros. Ingredientes non moi relacionados co rico patrimonio de Galicia.

Pero existe un potencial aproveitamento do patrimonio, cuxa xestión -realizada de modo sostible- é compatible e beneficiosa para a súa preservación e mantemento. Por iso é necesario aproveitalo correctamente.

Os camiños a Santiago -recentemente distinguidos como embaixadores da Marca España- son un exemplo de que promocionar adecuadamente o Camiño necesariamente implica o coidado e respecto do entorno do de que dependen os negocios ligados ao turismo. Unha boa xestión ten unha repercusión positiva sobre o medio rural, xerando dinamismo económico e reforzando a creación de postos de traballo. Porque o turismo é un sector estratéxico na creación de emprego e de riqueza. Por iso, a interiorización social da importancia do patrimonio é un elemento clave do éxito da industria turística, e consecuentemente a mellor estratexia para protexelo e mantelo..

Tesouros de Galicia propón un modelo que busca a involucración social. Individuos, asociacións, e entidades publicas e privadas son benvidas ao proxecto común de protexer e difundir o valor e potencial do patrimonio.

As limitacións dos presupostos públicos e a propia definición de patrimonio como algo “de todos” nos invita a imitar a países destacados polos seus modelos de turismo sostible e de calidade, beneficiosos cos entornos rurais, e que acreditaron a súa capacidade de creación de emprego e riqueza entre poblacións locais. Incluso logrando a difusión, respeto e autoestima das culturas locais.

Por iso Tesouros de Galicia é membro da Rede Internacional dos National Trust, e do Global Partnership for Sustainable Tourism (Plan Medioambiental das Nacións Unidas), que moven millóns de persoas de todo o mundo interesados en promover destinos turísticos diferentes e auténticos.

O Camiño Inglés é unha oportunidade para facer un traballo exemplar, e farémolo con eles. Estás invitado a participar. Ti decides.

Estes contidos encóntranse dentro do marco do proxecto de promoción do Camiño Inglés, promovido por Tesouros de Galicia e cofinanciado pola Deputación de A Coruña.
logos


Utilizamos cookies propias y de terceros para obtener datos estadísticos de la navegación de nuestros usuarios y mejorar nuestros servicios. Si acepta o continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información aquí. ACEPTAR
Aviso de cookies