Internacional
Tesouros de Galicia participa en redes e proxectos internacionáis en cumprimento dos seguintes obxectivos estatutarios:
- O intercambio cultural internacional, xa a través de actividades culturáis, deportivas, educativas ou proxectos compartidos con entidades extranxeiras.
- A creación de redes estratéxicas con persoas, entidades e territorios con intereses converxentes.
- O artellamento de programas de cooperación e desenvolvemento con países comunitarios e extra-comunitarios
Estas son as redes e proxectos nos que participamos:
1.- ONE PLANET NETWORK:
ONE PLANET NETWORK é unha iniciativa do programa Ambiental das Nacións Unidas fundada logo do Cume Mundial sobre Desenvolvemento Sostible de 2012.
O programa responde ao compromiso global dun cambio mundial cara unha producción e consumo sostibles.
O proxecto global divídese en seis programas temáticos: Administracións Públicas, Edificios e Construcción, Turismo, Alimentación, Información ao Consumidor, estilos de vida e Educación.
Tesouros de Galicia participa no programa promovendo o turismo sostible a través da promoción do patrimonio.
2.- INTERNATIONAL NATIONAL TRUSTS ORGANISATION
INTO é unha rede internacional de organizacións non gobernamentales con diferentes perfís pero unidas arredor do compromiso de traballar na preservación e protección do patrimonio, compartindo as mellores prácticas de conservación e capacitación das organizacións individuais.
A rede agrupa a máis de 60 entidades de todo o mundo:-> Ver miembros
3.- PROGRAMA ERASMUS+
Pertencemos ao programa ERASMUS+ para o fomento do voluntariado internacional.
Máis información na sección Voluntariado
4.- THE WORLD BANK
Tesouros de Galicia colaborou co Banco Mundial cedendo recursos humáns ao proxecto na República de Xeorxia que persigue desenvolver os recursos naturáis e termales na rexión do Imereti, como eixo de dinamización do sector turístico.
5.- WE WATER EXPERIENCE
Tesouros de Galicia deseñou para a Foundation for UNESCO a ferramenta educativa do programa medioambiental para educar e sensibilizar sobre o uso e consumo responsable de auga en China. Con iste programa, formaronse máis de 300,000 escolares en colaboración coa ONG “THIRST”.
6.- Red Iberoamericana do Patrimonio Cultural / REDIPAC
A “RED IBEROAMERICANA DEL PATRIMONIO CULTURAL” (REDIPAC), é unha iniciativa da Asociación Española de Gestores de Patrimonio Cultural co patrocinio do Ministerio de Cultura de España, cuxo obxectivo é englobar entidades profesionáis, académicas e institucionáis, públicas e privadas, adicadas ao fomento, xestión, conservación, difusión, creación e posta en valor do Patrimonio Cultural en todo o eido iberoamericano.
REDIPAC interpreta o Patrimonio Cultural como recurso económico e herdanza común para toda a humanidade. Ista tendencia de considerar o Patrimonio Cultural como unha responsabilidade supranacional faise ainda máis patente no eido dos países iberoamericans, con lazos históricos e lingüísticos comúns.
O fin de dita Rede é mudar nunha plataforma de encontro para o estudo e debate da problemática orixinada po-lo Patrimonio Cultural nos países implicados, así como para o intercambio de experiencias e solucións, para facilitar a accesibilidade e canalización da cooperación internacional e para servir de nexo de unión entre a Unión Europea e os países iberoamericans.
