Lugo, cidade amurallada
Conformando a fisionomía e imaxe principal do urbanismo lucense encóntrase a robusta muralla de Lugo. Este importante vestixio da presenza do Imperio Romano en Galicia foi nomeado coma Patrimonio da Humanidade pola UNESCO no ano 2000 debido a súa importancia histórica e artística e o seu excelente estado de conservación despois de máis de dezasete séculos de vida.
A muralla da cidade coñecida con anterioridade coma Lucus Augusti é moito máis que un simple lenzo mural, o seu empaque e contundencia conforma unha obra arquitectónica, nacida por cuestións defensivas, que posúe máis de dous kilómetros de lonxitude e unha anchura que favorece o recorrido sobre a mesma ofrecendo ós cidadáns e visitantes un magnífico itinerario para coñecer o casco histórico de Lugo a través de outra perspectiva e dende incluso sete metros de altitude nalgunhas zonas.
O perímetro da muralla encóntrase animado por máis de setenta torres defensivas, hoxe en día tan so consérvanse unha de elas cos ventanais que se cree que todas tiñan, esta evocadora torre coñécese co nome de A Mosqueira. Os muros encóntranse abertos por múltiples portas monumentais, algunha delas pertencentes á factura orixinal romana e co paso dos máis de 1.700 anos de vida desta obra abríronse outros accesos para favorecer a vida urbana desta histórica metrópole galega, sobre todo no século XIX.
Por todo isto, este singular e único monumento non se encontra ancorado no tempo nin é unha simple obra de admiración, senón que forma parte da vida e do sentir dos lucenses ofrecendo un magnífico paseo pola súa ronda exterior e interior e sobre a mesma muralla, favorecendo a práctica do deporte e realizándose numerosos actos conmemorativos e celebracións de diversas índoles coa muralla como protagonista.
Imaxes por Ignacio Varela Guerrero