Ruta de Ribadeo a Rinlo
Unha boa opción para poder visitar diferentes recursos de carácter industrial é a zona de Ribadeo. Un dos elementos máis curiosos é “O Cargadoiro”, parque etnográfico que alberga un punto de descarga do tren. Trátase dunha pasarela que servía de cargadoiro nun complexo mineiro basado na extracción de ferro. O mineral era transportado ata Porto Estreito a través dunha liña ferroviaria que conectaba os fornos de Vilaoudriz con Ribadeo. Este complexo industrial inaugurouse a principios do S. XX ata que foi clausurado na década dos 60 do mesmo século. Continuando o periplo por esta zona encontramos o Faro de Illa Pancha, un dos sinais marítimos da Mariña Lucense. Na pequena illa do mesmo nome atopamos dous faros, non un; o primeiro deles foi levantado no séxulo XIX e está incorporado a unha pequena casa. Algo máis dun século máis tarde, nos anos 80 do S.XX, levantouse outro faro ó seu carón con máis alcance e desprovisto doutra construcción como a casa do seu veciño.
Cara ó centro da vila non podes perder a Praza de Abastos, punto de encontró para adquirir o rico pescado da zona e vivir o ambiente das súas xentes. Despois podes dar unha volta polo Porto de Mirasol que é un dos portos con máis tráfico de mercancías de Galicia. Seguindo a costa en dirección oeste atopamos o pequeno pobo pesqueiro de Rinlo. Aquí podes atopar un porto tradicional de pesqueiros de orixe medieval. A súa confraría de pescadores é unha das máis antigas de España. Neste pobo pódese observar a arquitectura popular mariñeira recorrendo as súas estreitas rúas que protexen do vento.
Outro dos elementos que debemos mencionar son as súas cetáreas nas que destacamos a crianza de langosta ou centolo.
Non podes deixar de visitar se vés ata aquí a Torre dos Moreno, o Forte de San Damián ou, por suposto, a Praia das Catedrais.
Si desexas máis información sobre esta ruta escríbenos a: adm@tesourosdegalicia.com e te poremos en contacto coa entidade organizadora da ruta.