Sargadelos
Un dos buques insignia da Mariña Lucense e de Galicia en xeral é a cerámica de Sargadelos que se atopa na parroquia do mesmo nome no Concello de Cervo. Si te apetece coñecer a historia dun dos productos artesanais máis importantes de Galicia podes achegarte ó seu lugar de orixe, considerado Conxunto Histórico-Artístico.
Aquí poderás atopar os restos das antigas fábricas de fundición e louza que foron fundadas por Raimundo Ibáñez, marqués de Sargadelos alá polo século XIX. A Galería de Cervo, inaugurada nos anos 70 do pasado século alberga, ademáis de pezas e libros actuais, antigas porcelanas datadas posteriormente á apertura das fábricas así como unha mostra de cerámica popular española e estranxeira.
A fábrica moderna foi integrada no entorno natural mediante a súa arquitectura facendo gala dese conxunto inigualable onde se misturan o antigo, o novo e o museo. Inaugurouse á vez que a Galería xa que a antiga fábrica cerrara casi un século antes. Gracias ó impulso de figuras como a do ceramista Isaac Díaz Pardo, Sargadelos volveu rexorder sendo o icono que é a día de hoxe.
Si desexas ter máis información sobre esta ruta escríbenos a: adm@tesourosdegalicia.com e te poremos en contacto coa entidade organizadora da ruta.